sábado, 2 de febrero de 2008

TRIBUTO A ANXEL FOLE


Esta ilustración la hice para la exposición y el consiguiente catálogo "Quero Medo", organizada por AGPI para el Salón del Libro Infantil y Juvenil de Pontevedra hace justo un año.
La obra se complementa con el fantástico texto, nunca mejor dicho, que Lino Braxe escribió inspirándose en ella y que la acompaña en su itinerancia por el mundo de los vivos. Un claro homenaje al terror gótico y al tiempo a uno de los máximos exponentes de la cultura relacionada con la muerte y lo terrorífico en Galicia, nuestro añorado Anxel Fole. Aquel que en estos momentos aun pasea su alma por nuestras casas cada vez que abrimos uno de sus libros.
TRIBUTO A ANXEL FOLE

De que poden falar unha pantasma e un home-lobo? De que falan a momia e Frankenstein? De que Drácula e un zombie? E un ser humano e a morte, de que falarán?
O medo máis grande de todos é o medo a deixar de ser. Ese é o medo á morte desde a vida. Pero o medo á morte desde a morte é o medo á construcción das imaxes que habitan á outra beira do cadaleito. Através dun espello a dama fala desde o alén e nos entebrece a noite. Este podería ser un dos breves diálogos que sostén a cotío o home con A caveira que habita no espello.

O home
A primeira larva que habitou o meu corazón

A caveira que habita no espello
A amarga emoción do perdido.

O home
O medo á morte.

A caveira que habita no espello
A lúa

Abrazada a morte a un candelabro de tres velas. Tres chamas que son resplandores de
Poe, de Stocker, de Lovecraft. E aló ven Lugrís debuxando buques fantasmas no fondo dos mares, traendo alcoholes e burdeis de todos os portos do mundo, as tabernas onde
se contan historias de medo e onde a fauce do leopardo agóchase nos ollos vidrosos dos
Mariñeiros bébedos. Unha Dama, nun reservado comedor para opio, apura os Poemas de amor e enfermidade de Loís Pereiro. A transmigración está próxima. Só un pacto có demo nos alonxaría do territorio da desolación. Máis xa é tarde, A caveira que habita no espello empezou a contarnos o conto de A noite do cazador. O medo á morte dos nenos é o medo á morte máis aterrador, intuitivo e sabio de cantos existen. Robert Mitchum desgrana a máis estremecedora das cancións, unha balada de amor e odio: “Childrens, childrens”.


A primeira larva que habitou o meu corazón
A amarga emoción do perdido.
O medo á morte.
A lúa

No hay comentarios: